Segunda-feira, Junho 06, 2005

HAI QUE BOTALOS

HAI QUE BOTALOS!

    Os tempos son chegados, e como non podía ser menos, non nos van coller co pé cambiado. Desde xa, que é agora mesmo, entramos en zafarrancho de combate pra deixar o resto e suar a camisola. Un único lema, sen ningunha adscripción partidista: Hai que Botalos! dirixido a todas e todos os que podan e queiran sumar un \"boto\" nas urnas co propósito de derrotar democráticamente aos caducos, aos mentireiros e aos incompetentes. Sobran motivos.
                  Os distintos equipos de voluntarios e voluntarias que participan nesta Campaña de Estimulación ao Boto, ultiman xa os traballos preparatorios. O filme, que vai ser estreado o 22 de Maio, está a entrar xa na fase de edición. Pero Hai que Botalos é máis que un filme. É un berro para escribir nas paredes de toda Galiza, un lema para asinar cartas e postais, pegatas para pegar nos bares, nas cabinas telefónicas e nos coches, cancións para cantar nas festas e nas tabernas. Para iso apelamos á libre iniciativa de todas e todos vós. A través de Arredemo iremos suministrando todo o material disponíbel: imaxes para facer pegatas, cancións para poñer nos bares, e por suposto, as curtametraxes do filme. E se queredes implicarvos de maneira activa na distribución e exhibición do filme, e na propia campaña, mantédevos atentos, porque pronto contactaremos con todas e todos os que xa manifestastes a vosa vontade de vos sumar a este duro empeño e os que aínda vos queirades sumar. A cousa está en marcha...
                      Preparados, listos, ACCIÓN!!!