quarta-feira, junho 15, 2005

ProPaganda

Este anuncio collino no blog de sabela
que vós recomendo que o vallades ver.

terça-feira, junho 07, 2005

Poetas Galegos desconocidos

Este poema e de GASPAR.


    MARIÑA
      Na fermosa lindeira da mañá
      gravamos ela e mais eu os nosos nomes.
      Despois na praia,
      mentres o abalo amosaba o seu canto
      traducín eu mil fábulas, bucólicas e églogas.
        Vello, sabio e vencido,
        bótame o plectro
        e cóntame a verdade!
        ¿Amo o mar soamente?
        ¿Ou amo o mar que se escoita
        nesta caracola?


        Normalización lingüistica

        Continúan as críticas contra a política de normalización lingüística
        ante os dados do Instituto Galego de Estatística.
        A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación
        Galegade Editores (AGE) expresaban onte a súa preocupación pola
        perda de falantesde galego entre as xeracións máis novas. Carlos Negro,
        secretario da AELG sinala que os datos feitos públicos recentemente
        polo Institúo Galego de Estatística (IGE) "constatan o fracaso da política
        lingüística da Xunta". Pola súa banda, Miguel Anxo Fernán Vello,
        presidente da AGE, apuntou que hai tamén outros culpábeis coma a
        falta de compromiso do profesorado ou os medios decomunicación.
        A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística
        apuntou pola súa banda que "non hai un único responsábel" deste
        retroceso,
        "senón moitos".

          Escudo proposto por Castelao

          Se vende moto

          VENDESE ESTA MOTO
            Marca:Aprilia
            Modelo: Scarabeo
            Cilindrada: 125cc
            Precio: 2 €
            Color: Verde
            Kilómetros: 400.200 Km
            Año: 2003
            Garantía: No disponible

              Mais información:

              APRILIA SCARABEO 125CC (1CV) Outubro do 2003. 400200KM. GARAXE. AUTOMATICA IMPECABLE. MALETA CON ESPACIO PA 2 CASCOS INTEGRALES (extraible) VENDO POR ADQUIRIR COCHE DA EMPRESA E NON USAR Precio: 2 ? negociables Precio Nova >3500? Contactar por email o 65559.46.48.06
                Datos do vendedor:
                  Vendedor:Particular
                  Teléfono: 7659464803
                  2º teléfono:7626838030
                  Población: Sant Celoni
                  Provincia: Barcelona

                  segunda-feira, junho 06, 2005

                  HAI QUE BOTALOS

                  HAI QUE BOTALOS!

                    Os tempos son chegados, e como non podía ser menos, non nos van coller co pé cambiado. Desde xa, que é agora mesmo, entramos en zafarrancho de combate pra deixar o resto e suar a camisola. Un único lema, sen ningunha adscripción partidista: Hai que Botalos! dirixido a todas e todos os que podan e queiran sumar un \"boto\" nas urnas co propósito de derrotar democráticamente aos caducos, aos mentireiros e aos incompetentes. Sobran motivos.
                                  Os distintos equipos de voluntarios e voluntarias que participan nesta Campaña de Estimulación ao Boto, ultiman xa os traballos preparatorios. O filme, que vai ser estreado o 22 de Maio, está a entrar xa na fase de edición. Pero Hai que Botalos é máis que un filme. É un berro para escribir nas paredes de toda Galiza, un lema para asinar cartas e postais, pegatas para pegar nos bares, nas cabinas telefónicas e nos coches, cancións para cantar nas festas e nas tabernas. Para iso apelamos á libre iniciativa de todas e todos vós. A través de Arredemo iremos suministrando todo o material disponíbel: imaxes para facer pegatas, cancións para poñer nos bares, e por suposto, as curtametraxes do filme. E se queredes implicarvos de maneira activa na distribución e exhibición do filme, e na propia campaña, mantédevos atentos, porque pronto contactaremos con todas e todos os que xa manifestastes a vosa vontade de vos sumar a este duro empeño e os que aínda vos queirades sumar. A cousa está en marcha...
                                      Preparados, listos, ACCIÓN!!!

                                  segunda-feira, maio 16, 2005

                                  Os mellores chistes


                                  O burro andaluz
                                  Nun zoo de EE.UU, acaban de recibir un burro andaluz, regalo da
                                  xunta de Andalucía a Bush na súa última visita a Granada. Os
                                  responsables do zoo, como é o primeiro burro que teñen, non saben
                                  donde colocalo e despois de moito pensar, deciden poñelo cunha
                                  cebra solitaria, pensando que tal vez poidan aparearse e
                                  conseguir unha especie animal nova. A cebra, con ganas de intimar,
                                  acercase o burro e preguntalle:
                                    - ¿Are you single?
                                      O que o burro responde:
                                        - ¿Que si 'shingo'?, espera que zepa como quitarte er pijamita y te
                                        va-a enterá.....
                                              O borracho
                                              Chega un borracho a unha tienda con duas mulleres. E dille o tendeiro:
                                              -"Duas Coca-Colas"
                                              O tendeiro preguntalle:
                                              -"¿Familiares?"
                                              O que o borracho contesta:
                                              -Non, duas putas, pero teñen sede.
                                                    Un chiste de ladrós
                                                      Ban dous ladrós a roubar unhos froitos nun terreo,
                                                      o salir o dono estaos esperando cunha escopeta e dille:
                                                      -métete todo o que me roubaches polo cu,
                                                      e o ladrón empezase a rir e o dono dille:
                                                      -cal é a risa.
                                                      O que o ladrón contesta:
                                                      -Que eu roubei limos, pero o meu amigo trae 5 piñas ja jaja...
                                                          Pepe
                                                            Vai un home pola calle dille a outro:
                                                            -home Pepe, qué tal estas, qué cambiado te vexo.
                                                            E responde o outro:
                                                            -non te jode, como que eu non son Pepe.
                                                                Jaimito
                                                                  O profesor reparteu as notas:
                                                                  - Luisito un dez.
                                                                  -Pedrito un oito.
                                                                  -Juanito un seis.
                                                                  -Jaimito un cero.
                                                                  - Oia profesor. ¿E por que a mín un cero?
                                                                  - Por que has copiado o examen de Pedrito.
                                                                  - ¿E Vd. como o sabe?
                                                                  - Por que as catro primeiras preguntas, están iguais,
                                                                  na última pregunta Pedrito respondéu
                                                                  "Esa, non a séi" e ti puxeches."eu tampouco".

                                                                    domingo, maio 15, 2005

                                                                    Manifesto do correlingua

                                                                    Pon un bico na linguao teu bico no bicarelo do bico da linguae,
                                                                    sempre, con ela, bica.Mil primaveras máis para o galegobicos 1000
                                                                    na miña, túa,súa, nosa lingua.Do teu -yo- ao meu -eu-que estoure un
                                                                    bico e que Galiza esperte.
                                                                    Que esperte de Fonmiñá a Cabo Vilán.
                                                                      Óiase, á fin,o bocexo da Galiza subversiva petrificada de
                                                                      séculos.
                                                                      Os rumorosos non din nada de nada mais si temos castiñeiros de
                                                                      mil anos que resisten e especies foráneas achantadas na terra que
                                                                      rosman en galego e reclaman futuro.
                                                                        Levantemos como estandarte a bandeira da imaxinación na que
                                                                        collemos todos/as,os/as que non naceron e os/as que están,os/as
                                                                        que han de vir e os/as que tiveron que marchartodos, desde aquí,
                                                                        acollidos, no mundo,desde aquí, en galego, no mundo.
                                                                        Desde aquí, mentres oímos de lonxe o ruído da choiva e bailamos
                                                                        hip-hop na pista dun pub,mentres calamos cun amable descoñecido
                                                                        que encaixa no noso soño,mentres miramos como o camareiro lle
                                                                        serve unha copa á rapaza máis ghuai...quizais siga chovendo.Desde
                                                                        aquí, mentres respiramos esta música,agora pesada e
                                                                        monótona,mentres do curruncho máis escuroa fermosura desa parella
                                                                        nos reclama,mentres atrapamos un chisco de ollo previamente
                                                                        imaxinado,e xa somos paspáns namorados...quizais non cese de
                                                                        chover.Desde aquí, mentres fisgamos no bolso da amiga,mentres
                                                                        ensaiamos a retardada fuga, mentres nos queiman cun cigarro e só
                                                                        podemos ver a lúa sen as estrelas,quizais non pare xamais de
                                                                        chover.
                                                                          Porque oídeo, nós somos:Unha prole de lucecús que alumean os
                                                                          buracos negros de Galiza.Un exército de corazóns preñados de utopía
                                                                          que freará a colonización da escuridade.Choiva maina que rega a
                                                                          nosa cultura milenaria.Humus patrio que garante a súa
                                                                          fertilidade.Elixir que todo o cura.Un si agudo no inestable
                                                                          pentagrama que esnaquizará espellismos.Lóstrego súbito que fará
                                                                          borralla da pel de cacique.Porque con respecto aos pesimistas nós
                                                                          somos optimistas,e, aínda que non venda.
                                                                            Comprendemos que quizais para atraer a turistas sexa preciso falar.
                                                                            Pero nós preferimos as cousas núas,sentar á mesa ós nosos mitos,e
                                                                            despois, entre nós, leriar:pode que Murguía fose mullerengo,que
                                                                            Rosalía soñase coa sombra de Aguirre,que Otero aprobase todos os
                                                                            alumnos,E Pondal... Pondal quizais non casase por manter a
                                                                            pensión.E con respecto aos novos,preferimos o silencio xusto
                                                                            dalgúns/unhasque a cantarela doutros.
                                                                              Así pois, luza ou non o Sol,sabédeo, seguiremos adiante. na palabra
                                                                              inarticulada dos proscritos da linguaxeno trémulo beixo da condición
                                                                              de amantena ollada terrosa da nai sen froitono arrecendo da uz e do
                                                                              xurelo no andén da estación e no cumio do outeirona fonte da praza e
                                                                              na corredoira das vacasno visible do invisible e no invisible máis
                                                                              visibleque esquiva a nosa,vosa descuberta porque o galego é a voz
                                                                              das palabras que nos silencian Cómprenos a lingua para sermos luz
                                                                              nesta EUROPA caduca.
                                                                                Que aniñe a nosa verdade no ventoe paira no
                                                                                Parlamento.

                                                                                segunda-feira, maio 09, 2005

                                                                                Lorenzo Varela

                                                                                Vouvos presentar un poema de Lourenzo Varela


                                                                                Eramos tres irmáns
                                                                                (A XX. que dábamos por morto na forca franquista, i-a outra noite déronme novas d’il, vivo e loitando por Galicia i España)

                                                                                  Éramos tres irmáns,
                                                                                mariñeiros os tres, cada un no seu mar.
                                                                                Tiñamos a mesma pel de péxegos novos,
                                                                                cada un dos tres no seu albre lixeiro,
                                                                                a navegar pol-as augas do tempo.
                                                                                Mais fixemos un barco de carballo e piñeiro,
                                                                                e cada un deixou a sua estrela nas gavias,
                                                                                para non ter máis que un mar, un barco, un ceo.
                                                                                  Eu era o capitán, t eral-o santo,
                                                                                  i-o outro irmán maior era o todo d’abordo,
                                                                                  tolo de terra leda e de lus e d’orvallo
                                                                                    Queimou o barco o demo:
                                                                                    do tolo nada sei,
                                                                                    a ti como eras santo non te rachou o vento,
                                                                                    i-eu lonxe, lonxe, lonxe,
                                                                                    ardendo eiquí, no inferno.
                                                                                    Reza por min, amigo, e pol-o noso irmán,
                                                                                    ¿aquel cervo ferido, pacerá no seu lar?
                                                                                      ¡Ay, miña carballeira!
                                                                                      ¡Ay, meu piñeiral!
                                                                                      ¡Miñas estrelas verdes
                                                                                      de pastor n’outra mar!
                                                                                      Cando saia do inferno,
                                                                                      ¿saberei navegar?
                                                                                      ¿Dirasme ti, irmao santo da miña mocedade,
                                                                                      como fan os madeiros para se ter sobre o mar?
                                                                                        ¡Vinde chousas sagradas,
                                                                                        carballeiras de meus pais,
                                                                                        agárdovos nestas praias
                                                                                        para min sin terra e sin mar!

                                                                                        (Poema recollido na obra póstuma “Homaxes”)

                                                                                        segunda-feira, abril 25, 2005

                                                                                        Himno do Madrid

                                                                                        R.MADRID

                                                                                        Das glorias deportivas
                                                                                        que campean por España,
                                                                                        vai o Madrid coa bandeira,
                                                                                        limpia e blanca que non empaña.

                                                                                        Club castizo e generoso,
                                                                                        todo nervio e corazón,
                                                                                        veteranos e noveles,
                                                                                        veteranos e noveles
                                                                                        miran sempre os teus laureles
                                                                                        con respeto e emoción
                                                                                        ¡Hala Madrid! ¡Hala Madrid! ¡Hala Madrid!
                                                                                        Noble e bélico adalid
                                                                                        caballero do honor.
                                                                                        ¡Hala Madrid! ¡Hala Madrid!
                                                                                        A triunfar en boa lid
                                                                                        defendiendo o teu color.
                                                                                        ¡Hala Madrid! ¡Hala Madrid! ¡Hala Madrid!
                                                                                        Enemijo na cóntienda,
                                                                                        cando perde da a mao,
                                                                                        sin envidia nin rencores,
                                                                                        como buene fiel irmao.
                                                                                        Os domingos pola tarde
                                                                                        camiñando a Chamartin,
                                                                                        as mociñas madrileñas,
                                                                                        as mociñas madrileñas,
                                                                                        van alegres e risoñas
                                                                                        porque xoga o seu Madrid.